CRESPO PRESENTA AOS VECIÑOS DE TRIGUEIRIZA E CARRAGOSO O PROXECTO DE EXECUCIÓN DO LOCAL SOCIAL QUE TERÁ UN ORZAMENTO DE 600.000 € E CONTARÁ CON 354 METROS CON SALA MULTIUSOS, ESCENARIO E COCIÑA

Xeral | 19/03/2023

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado dunha ampla representación do grupo de goberno, presentou esta mañá aos veciños de Carragoso, Avenida de Cruces e Trigueiriza o proxecto de execución do local social dese entorno da periferia lalinense que será acometido unha vez se licite a obra por un valor superior aos 600.000 euros. O proxecto de execución do local social vaise presentar para o seu financiamento ao programa PON2030, que é unha liña semellante á que a se habilitou en 2022 para a construción do cemiterio “Fraga do Alén” e que se atopa neste intre en plena execución (o prazo de presentación de proxectos ao PON2030 remata o 21 de abril). Con cargo a esta liña 2 do PON2030 a Deputación establece o financiamento do 65% do total da obra e o 35% restante acometeríase con fondos municipais comezando as obras neste mesmo exercicio 2023 no caso de concederse á achega, coa previsión de que poida estar rematado a mediados do 2024.


Ante máis de medio cento de veciños, o rexedor avanzou o proxecto de execución que foi explicado polos redactores do mesmo, Carlos Durán e Luis Fernández, de Arco Arquitectura, que foron debullando as características de este centro social que estará situado nunha parcela municipal ubicada nas proximidades dos terreos nos que se situará o  centro comercial do Mercadona, nunha área que xa está urbanizada e que conta con aparcamento e unha ampla área de circulación de vehículos.



O rexedor sinalou que “se conseguiu un bo solar grazas á xestión municipal ao pé dunha zona peonil; agora imos presentar o proxecto de execución ao PON2030 e estamos convencidos de que vai ter puntuación suficiente para poder obter financiamento da Deputación e en canto que nolo concedan, ao seguinte goberno unicamente lle quedará executalo”.


Remarcou que se trata dun “edificio polivalente situado cerca da Lalín vai ter moito uso que dinamizará unha área periurbana importante e marcará un punto de inflexión desde o punto de vista urbanístico para irlle cambiando pouco a pouco a fisionomía a esta zona de Trigueiriza e Carragoso”. Felicitou aos autores do proxecto “dotado de alta eficiencia enerxética xa que combinará xeotermia, bomba de calor e teito con paneis fotovoltaicos”; e á concelleira de Urbanismo e ao asesor urbanístico do Concello polo seu traballo.


160 METROS CADRADOS DE ESPAZO MULTIUSOS

O local social de nova construción terá un total de 354 metros de superficie construída dos que 288 corresponderá ao edificio e 66 metros cadrados conformarán o voladizo que constitúe o porche de entrada no acceso principal. Xa no interior, a estancia principal será o espazo multiusos que contará con 160 metros cadrados. Un espazo diáfano no que se desenvolverán as actividades e nos que poderán ubicarse sillas, mesas, e demais mobiliario. O local social contará cun escenario contiguo a este espazo multiusos con 23 metros cadrados que permitirán a celebración alí de eventos musicais, obras de teatro, conferencias, etc.


AMPLA COCIÑA E ALMACÉNS

Ao tempo, o local social de Carragoso-Trigueiriza contará cunha cociña de 20 metros cadrados que estará ubicada de xeito paralelo ao acceso principal e dous baños que totalizan outros 9 metros cadrados. O resto de espazo, ata 25 metros cadrados conformarano dous almacéns, un vestíbulo e un cuarto de instalacións eléctrica e para a caldeira de climatización.


Na fachada leste da edificación sitúase unha zona verde que decorre paralela ao regato Balados e que xa conta na actualidade cunha ruta peonil que iría dende o fronte do local social ata a rolda leste, permitindo a conexión a pé desta área coa Carballeira da Crespa ou polas beirarrúas construídas pola urbanización da Trigueiriza coas zonas próximas da Avenida de Cruces.


Esta edificación foi planificada seguindo os estándares de eficiencia para que permita que o consumo producido polo seu funcionamento sexan os menores posibles aínda cos niveis de confortabilidade alta. Contará con paneis fotovoltaicos na súa cuberta e batería de almacenaxe de electricidade; sistema xeotérmico de alta eficiencia con bombas de calor como sistema de climatización e ademais tamén incorpora esta eficiencia aos materiais empregados na súa construción que son reciclables e reutilizables, contribuíndo de xeito notable á redución da pegada de carb

Más información
VOLVER Á LISTAXE