O CONCELLO PROMOVE A CAMPAÑA “RACHAR COS TABÚS FARANOS LIBRES” E O ESPECTÁCULO “TABÚ” NO MARCO DA PROGRAMACIÓN DO 8M

Xeral | 07/03/2023

O Concello de Lalín pon en marcha a campaña “Rachar cos tabús faranos libres”, no marco das actividades ao redor do 8M do Día Internacional das Mulleres. Trátase dunha campaña dirixida fundamentalmente á xuventude e centrada na temática que se vai traballar o 17 de marzo a través da obra de teatro “Tabú” de Tarabela, tanto con centros educativos como con público en xeral, explica a concelleira de Igualdade, Begoña Blanoc.

Esta cartelería “Rachar cos tabús faranos libres” distribuirase tamén en forma de folletos informativos nos centros educativos, entre outros establecementos, orientada a un público maiormente xuvenil, sinala.


A responsable municipal recorda que tamén mañá mércores 8M, ás 20.30 h, no Museo Municipal, vaise facer entrega dos XVII Premios ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” ao equipo feminino do Galaico Trail Run (na modalidade “Mulleres en movemento”); a Raquel Sánchez e Ana Esther Blanco pola empresa Mel e Canela Sostible (na modalidade “Xove empresaria”) e Carmiña García Varela, pola empresa Bodegón A Cunca (na modalidade “Toda unha vida”).

E avanza que o venres 17, de marzo, no salón teatro terá lugar ás 12 h para alumnado dos IES e ás 20 h para o público en xeral, o espectáculo de narración oral e musical “Tabú” de Carmen Conde no marco do programa “Lalín entre Bambalinas”. A entrada é libre ata completar aforo.

Este espectáculo nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, O Morrazo, O Courel, a Mariña lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de picaresca, amor, que son cimento da nosa terra.


Narración oral e creación: Carmen Conde.

Música ao vivo: Nastasia Zürcher ou Su Garrido Pombo

Duración: 90 minutos.

Idioma: galego.

Público: xuvenil e adulto. Centros educativos e público xeral (+13).

Espazo: interior.

Extra: ao remate da función celebrarase un coloquio co público.





Más información
VOLVER Á LISTAXE