Noite Branca

Xeral | 09/06/2023

A Asociación de Empresarios de Deza (AED)-Centro Comercial Aberto (CCA) quere aproveitar a celebración da novena edición da Noite Branca de Lalín para ofrecer o seu aspecto máis humanitario. O obxectivo será recadar fondos para a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog).

Durante a xornada prevista para o venres 9 de xuño, os comercios asociados de Lalín permanecerán abertos ata as 23:00 horas. Por este motivo, as rúas máis céntricas da capital dezana estarán decoradas con banderins brancos e decoración no local, ademáis dunha alfombra para a entrada e globos. Un ano máis encargáronse os adornos ao colectivo Aspadeza.

Más información
VOLVER Á LISTAXE