AS MÁIS DE 200 INSCRICIÓNS REXISTRADAS NO LALÍNCAMP21 LEVAN AO GOBERNO A AMPLIAR EN 40 PRAZAS A OFERTA INICIAL DE CAMPAMENTOS GARANTINDO QUE CADA NENO-A PARTICIPE EN 1 ACTIVIDADE DE VERÁN, SUMANDO 305 PRAZAS
LalínCamp21, a campaña de actividades do Concello para este verán está sendo un éxito de inscricións (máis de 200) e ante esta extraordinaria demanda o goberno vén de decidir, unha vez reunido cos técnicos municipais para estudar unha posible ampliación de prazas e concluír que esta era viable, incrementar a oferta inicial das prazas de LalínCamp en 40 máis, que estarán repartidas en varios dos campamentos.
Así o explica o edil de Xuventude e Deporte, Avelino Souto, que subliña que con este aumento de prazas para dar resposta a esta elevada demanda de solicitudes dando cabida ao maior número de rapaces na oferta de verán, garántese que cada neno-a inscrito en LalínCamp participe polo menos en 1 dos campamentos de verán, se ben aínda así haberá algún rapaces que non poderán tomar parte en todas as actividades que se anotaron (hai casos de nenos que se apuntaron ata en 4 campamentos). En total ofértanse 305 prazas, xa incluídas nesta cifra as 40 que veñen de ampliar.
Souto remarca que este alto número de inscricións é a demostración do éxito da programación municipal de verán LalínCamp21, unha programación que combina actividades de deporte, aventura, natureza... en 6 campamentos diferentes de entre 4 e 17 anos que se estenden ata o 31 de agosto. Unha oferta na que tamén se dá participación aos nenos de familias con escasos recursos e que teñen diversidade funcional, subliña o concelleiro de Xuventude e Deporte, Avelino Souto, tal como explicou o edil na presentación de LalínCamp que fixo xunto á tenente de alcalde e concelleira de Política Social, Paz Pérez.
O edil de Xuventude sinala que o vindeiro luns, 28 de xuño arranca o LalínCamp21, un verán cheo de aventuras, coa primeira quenda do campamento “Vive o verán” no que tomarán parte 25 nenos/as de 6 a 9 anos e 14 rapaces-zas de 10 a 12 anos. Con base no albergue de Mouriscade, os participantes poderán tomar parte en obradoiros, xogos, excursións e visitas para aprender e desfrutar do verán en Lalín. Todas as actividades a desenvolver estarán marcadas polo patrón da aventura, o descubrimento e o coñecemento medioambiental da nosa cultura, explica.
Desenvolverase en dous horarios:
de 9 a 14 horas para os
de 6 a 9 anos de 16 a 20 horas para os de 10 a 12 anos
Ademais os máis cativos terán a opción quedar a durmir unha noite no albergue participando en “Unha noite máxica”, indica.
Souto remarca que a fin de garantir unha axeitada coordinación e desenvolvemento do campamento mantivemos onte á tarde unha reunión informativa para as familias co equipo de monitorado a fin de explicarlles as normas e requisitos que deberán cumprir os seus fillos e fillas durante o desenvolvemento de “Vive o verán”.
Neste sentido o edil avanzoulles aos pais que os nenos realizarán unha viaxe a Valença, outra a Ourense, tomarán parte en actividades de hípica nun entorno de natureza. Ademais tamén tomarán parte en xincanas da natureza, construción dunha cabana, etc.
É de destacar que LalínCamp21 abrangue un conxunto moi diverso de actividades (natureza, deporte, diversión...) que se desenvolven ao longo de todo o verán dirixidas a rapaces de todas as idades, desde os 4 ata os 17 anos.
As actividades desenvolveranse por quendas, en base ao seguinte cronograma:
Do 17 ao 26 de xullo: Campamento aventura (de 10 a 13 anos) promovido pola Xunta: obradoiros e xogos para coñecer o patrimonio natural e cultural de Lalín (campamento con durmida) Do 19 ao 30 de xullo: Campamento verde (de 5 a 12 anos): obradoiros e xogos sobre medio ambiente. Horario: de 9 a 14 horas.
Do 1 ao 12 de agosto: Tradición en verde (de 18 a 30 anos): campo de voluntariado arqueolóxico, etnográfico e ambiental situado en Lalín. Horario: campamento con durmida.
Do 2 ao 13 de agosto: Campamento Multideporte (de 4 a 12 anos): hockey, béisbol, voleibol, sendeirismo, deportes de raqueta... Horario: de 16 a 20 horas
Campamento multiaventura:
Do 16 ao 22 de agosto: Carballos (de 8 a 12 anos): de 10 a 20 h
Do 22 ao 31 de agosto: Castiñeiros (de 13 a 17 anos): con durmida